“A PARTIR DE MAIO TRABALLAREI PARA LEVAR A CABO A REHABILITACIÓN INTEGRAL DE DONRAMIRO”
5 Abril 2023

Na estratexia Lalín Ssuma 21, deseñada polo anterior Goberno e que acadou os fondos DUSI para o Concello de Lalín, contemplábase na Liña de Actuación 9 a “REHABILITACIÓN DA ÁREA URBANA DE INTERESE CULTURAL E PATRIMONIAL DE DONRAMIRO”. Esta actuación xa foi deseñada polo PSdeG-PSOE de Lalín en 2015, posto que foi unha das propostas electorais daquel entón. No documento da estratexia recolleuse que: “ La actuación propuesta consiste en:

1. Recuperar y humanizar el entorno más próximo a la Iglesia románica de Donramiro y sus accesos principales.

2. Recuperar y señalizar los caminos que llevan al Castro de Donramiro y situar allí un mirador

3. Musealizar los atractivos patrimoniales y turísticos de Donramiro antes descritos”.

Ademais na estratexia destinábanse un total a ese investimento de 761.000 euros (do ano 2016 que foi cando foi aprobada). A disposición do Goberno entrante en 2019 quedaron os fondos necesarios perfectamente orzamentados e un estudio topográfico e de propiedades, xa que a zona do castro presentaba múltiples diferencias con respecto aos datos catastrais. Polo tanto, en 2019 algúns dos traballos previos estaban xa dispoñibles para o Goberno entrante, que só tería que darlle continuidade a este gran proxecto.

“Agora atopámonos 4 anos despois e xa sabemos con certeza que o Goberno vaille quitar a actuación de Donramiro arredor de 500.000 euros de fondos da UE que Crespo vai tirar ao lixo”, afirma a candidata socialista á Alcaldía, Alba Forno, e engade que este diñeiro “non chegará a Donramiro”. Despois de moito anunciar a intervención na zona da Igrexa e o castro agora “atopámonos cun proxecto de mínimos que para nada é ambicioso e que pouco vai achegar a unha zona de valor histórico que esmorece a cada paso. Simplemente por interese electoral o PP foi demorando a obra para que non se relacionara co anterior Goberno no que estábamos os socialistas como responsables da área de urbanismo”, indica Forno. Ademais, puntualiza que en numerosas ocasións, dende o Goberno anunciaron que si se faría esta obra e que non se perderían os cartos, pero mentiron, “coma sempre”.

“Cremos Historia de Donramiro é a de todo o Concello de Lalín, e teñen fondas raíces na contorna da Igrexa e o Castro, polo que non imos renunciar a completar o proxecto”

Alba Forno, candidata á Alcaldía

Para nos os socialistas esta obra é unha prioridade, “os/as compañeiros foron quen de que non se detivera o proxecto de Lalín de Arriba (ía máis avanzado pois non necesitaba unha adquisición de terreos tan significativa) e cremos que Donramiro non pode ser menos e a súa Historia é a de todo o Concello de Lalín e teñen fondas raíces na contorna da Igrexa e o Castro, polo que non imos renunciar a completar o proxecto”, asevera a candidata á Alcaldía.

“A partir de maio poñerémonos a traballar para buscar o financiamento que Crespo perdeu e faremos realidade o que nunca se debeu deter. En troques de tirar grandes cantidades de diñeiro nunha praza sen sentido no centro de Lalín, dedicaremos a nosa atención a facer xustiza cunha débeda histórica: con Donramiro e co noso pasado”, conclúe Forno.