Hoxe a nosa candidata á alcaldía, Alba Forno Crespo, asistiu a Radio Voz para unha entrevista da man de Amelia Ferreiroa. Nela debullou como será o camiño a seguir de cara ás eleccións e cales son as claves da súa candidatura.
O respecto e a escoita serán dous dos puntos fortes deste proxecto, que está empezando a encamiñarse. A candidata socialista, que xa leva catro anos na corporación municipal, fai un repaso tamén pola súa breve, pero meteórica andaina na política.
Deixámosvos o vídeo da entrevista para que poidades escoitar todas as novidades que ofrece esta candidatura.