Benestar Social
- Creación dunha Empresa Municipal de Benestar Social que xestionará os servizos de dependencia coma o Servizo de Axuda no Fogar que será remunicipalizado. A empresa tamén terá competencias en servizos de conciliación.
- Libre elección de Traballador/a Social tras a redimensión do persoal ás necesidades reais do noso Concello. Reorganización do Servizo Municipal de Benestar Social dotando o mesmo dunha xefatura de servizo.
- Continuar coa liña de colaboración, posta en marcha en 2015, coas ONGs locais para o desenvolvemento de proxectos sociais de integración activa e habilitar un servizo de apoio para a tramitación de subvencións.
- Continuidade das actividades para a visibilización das persoas con diversidade funcional “Lalín Diverso”, iniciado en 2017 en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro. Continuidade das accións para a visibilidade nas competicións deportivas.
- A creación do Consello Municipal de Benestar Social supuxo un avance na coordinación entre os diferentes actores do eido social da nosa vila, pero precisa dun pulo e dunha estrutura estable. Ademais do concelleiro/a responsable da área designarase un traballador municipal como responsable das convocatorias e seguimento do mesmo.
- Negociar coa Xunta de Galicia á posta en marcha de novas aulas na Escola Infantil do Pontiñas.
- Novo edificio para servizos de conciliación e nova Escola Infantil de 0 a 3 no espazo do actual centro de saúde, despois da reversión dos terreos unha vez se trasladen os servizos ao novo CIS.
- Reforzar o programa de Educación Familiar na Prevención do Absentismo Escolar.
- Continuar co Programa Aquelar para a prevención de adicións na xuventude, levado a cabo entre 2018 e 2019.
- Creación dunha unidade de mediación de conflitos onde a ciudadanía tamén poida participar.