Comercio e Turismo
- Dinamización do Comercio seguindo co Plan de Comercio redactado en 2018: mellora das principais rúas comerciais, facilidades no aparcamento e na mobilidade peonil, actividades continuas de dinamización e apoio nas campañas a desenvolver ao longo do ano.
- Posta en marcha dun servizo de asesoramento ao comercio local para a mellora das súas instalacións.
- Unha Feira do Cocido para todos e todas. Cremos na democratizacióin da Feira, nunha aposta seria pola internacionalización sen algaradas, cun programa de respecto ao produto e aos visitantes. Apostamos por unha Feira do Cocido onde os protagonistas sexan o prato e as cores das rúas de Lalín.
- Devolveremos os mercados de produtos artesanais dos sábado a Rúa Joaquín Loriga xa peonalizada e potenciaremos a promoción dos produtores de proximidade. Apostarase polas feiras de produtos de proximidade como a Feira do Mel.
- Axudas para aqueles comercios que empreguen o galego como idioma
- 40.000 euros anuais en Bonos para gastar no comercio “Quérote Lalín”. O importe do bono dependerá do importe da compra e poderase ampliar a partida en función do seu éxito.
- Realizar varias campañas ao longo do ano para incentivar o consumo no comercio local nas épocas máis baixas e tamén potenciar feiras sectoriais.
- Gastronomía e Natureza: a creación dun turismo interior de calidade xunto coa indubidable progresión da nosa gastronomía debe levar a Lalín a un turismo de natureza e de varios días de estancia.
- Continuar co apoio á Feira do Cabalo.
- Construción do Albergue Municipal no espazo do Manuel Rivero. O proxecto xa foi redactado e pagado , o espazo está disponible e Lalín ,como cruce de dous Camiños de Santiago, non debe depender de intereses privados para situarse como un referente do Camiño. Mentres non hai albergue centos de persoas durmen en malas condicións no vello Pavillón Municipal.
- Roteiros de Lalín: este programa estrela de 2015 e totalmente consolidado debe recibir o apoio que merece do Concello de Lalín. Ante isto, disporá dun convenio estable cunha subvención axeitada á súa actividade. Seguirase coa promoción e programación de roteiros, consolidarase a sinaléctica das mesmas e o coidado dos camiños.
- Deseño ,posta en marcha e promoción dunha Ruta do Románico de Lalín. Colaboración coa Xunta de Galicia para a mellora do patrimonio románico e a súa difusión.
- Transformación progresiva das Festas de Lalín en festas municipais de cara ao futuro, organizadas por unha comisión mixta Concello/Hostelería/Comercio.
- Aposto polo turismo científico que poña en valor o noso patrimonio natural e cultural.