Cultura

  • Convenio de mecenado para a recuperación do Cine Lalín. Converteremos o vello Cine Lalín nun Centro Escénico Municipal para unha escola municipal de teatro e como espazo de exhibición cinematográfico. Negociarase coa entidade bancaria propietaria do inmoble a súa reforma e uso cultural.

 

  • Co carnet de biblioteca permitirase acceso a plataforma e-film de balde.

 

  • Elaboración definitiva do Plan Museolóxico e de Xestión do Pazo de Liñares: pervivencia nese espazo do Museo do Deza coas pezas que non están expostas en Pontevedra, e as dos castros da zona.

 

  • Colaboración coa Deputación para que asociacións locais e Concello de Lalín teñan un trato preferente no uso do Centro de Investigación da Cultura Castrexa de Liñares que permita que os servizos de Arqueoloxía poidan colaborar no estudio e catalogación dos bens locais.

 

  • Dinamización das Bandas de Música do Concello de Lalín e Corais Polifónicas de Lalín a través dun contrato-programa de actuacións estables para que as agrupacións conten cunha planificación.

 

  • Fomentar un programa estable de Cultura de Base mantendo os eventos xa existentes (Titirideza, Lusco e Fusco etc) e engadindo outros en colaboración coas asociacións culturais locais e as asociacións veciñais do rural, de xeito que se potenciarán os/as artistas locais.  Presentación mensual do programa e creación dun espazo para exposición de arte amateur.

 

  • Clases de música para bebés-cativos dende catro meses ata 5 anos. Aproveitando as instalacións do Conservatorio e en horarios matinais). Incluir a música de maneira lúdica nestas idades, fomentar o interese por aprender e despertar a creatividade.

 

  • Colaborar e fomentar a participación de colectivos e asociacións nos programas de Cultura Municipal, mantendo o convenio co Círculo de Recreo, o apoio a organización da Algarabía, a organización do Entroido de Lalín ou recuperar a organización do microfestival Centro da Vila.

 

  • Ampliación das instalacións da Escola de Música de Vilatuxe. Acompañar esa actuación coa dotación nesa parcela dunha zona de esparcemento infantil e de medidas de seguridade viaria no entorno.

 

  • Adicar o nome de Emilio Araújo a espazo cultural e poñer o traballo e obra intelectual deste veciño en valor, descoñecido para a maioría.

 

  • Negociar coa rectoral a reforma da Igrexa de Bermés e a ampliación do ceminterio. Destinar a rectoral de Bermés como Local Social.

 

  • Creación dunha biblioteca itinerante que percorra as parroquias do concello. Alfabetización dixital que facilite o acceso ás novas tecnoloxías para a poboación non nativa na tramitación electrónica.

 

  • Uso predominante da licenza Creative Commons nos contidos financiados con cartos públicos. A cultura debería ser de libre acceso para a ciudadanía.

 

  • Creación de roteiros culturais teatralizados que poñan en valor persoaxes relevantes da nosa historia, como se fixo coa ruta “A ollo ceibe”.

 

  • Aumento do financiamento e do persoal da concellería de Cultura.