Deportes

  • Melloras no Manuel Anxo Cortizo para facelo máis seguro para as persoas que practican deporte no recinto ou visitan as instalacións para apoiar aos club, entre as melloras estarán unha nova grada, vestiarios e campo de fútbol 7

 

  • Recuperación da vella piscina municipal como piscina tal como foi votado pola cidadanía no pasado mandato, aproveitar a rede de calor proxectada na zona para aforro enerxético na instalación. Ampliación das zonas de lecer da piscina de verán con zonas de sombra e zonas de xogos acuáticos para nenos e nenas cun novo vaso infantil.

 

  • Posta en marcha dun Circuíto de BTT na zona das pistas de tenis ao lado do Pontiñas, orientado fundamentalmente a lugar de aprendizaxe  e tecnificación ciclista. Elaboración dun atlas básico de camiños ciclistas municipais para a súa protección e conservación.

 

  • Creación dunha Empresa Deportiva Municipal que permita unha mellor xestión deportivas, a obtención de recursos e un mellor mantemento das instalacións deportivas municipais. O Lalín Arena estará a cargo da Empresa Deportiva Municipal e a súa explotación pública estará vinculada a un contrato programa de xestión con indicadores de calidade e productividade.

 

  • Construción das pistas de atletismo negociando terreos debaixo do Lalín Arena cos propietarios, 25.000 m2, con sectores de lanzamento e salto, e no interior campo de rugby.

 

  • Establecer espazos de oficina para todos os clubs, xa que actualmente algúns carecen dos mesmos. Creación de espazo ximnasio común para o uso dos clubes. Mentras non sexa posible efectuarase unha rebaixa no prezo do ximnasio do Lalín Arena para os/as deportistas federados pertencentes a clubs da vila.

 

  • Aumentar as axudas deportivas e mellorar as condicións de pago, de maneira que no principio de ano xa deberán estar todas pagadas. Ademais as subvencións deportivas como no primarán ao deporte de base sobre o deporte adulto e favorecerán nos seus criterios de puntuación aos clubs que promocione o deporte femininino, infantil e a inclusión social.

 

  • Promoción dos eventos deportivos: o deporte non so ten un factor social e saudable, se non que o desenvolvemento e potenciación de eventos deportivos tal como se fixo desde 2015 ten axudado na dinamización económica de Lalín e no seu coñecemento.

 

  • Deporte e diversidade funcional: o Concello de Lalín promoverá e favorecerá a práctica deportiva de deportistas con diversidade funcional facilitándolle medios e instalacións para a súa práctica.

 

  • Construción dun novo rocódromo interior con zona infantil e adulta. A escalada deportiva favorece a mellora da coordinación e psicomotricidade en nenos e nenas.

 

  • Construcción de dúas novas pistas de pádel no aparcamento do Lalín Arena para cubrir a demanda que actualmente non está cuberta.

 

  • Cubrimento das pistas de tenis cercanas ao Polideportivo.