Educación
- Contrato de mantemento continuado dos colexios municipais: a través dunha licitación pública dar un servizo rápido e regrado as necesidades inmediatas dos centros educativos municipais.
- Revitalización do Consello Escolar Municipal, posto en marcha no mandato 2015-2019.
- Programa de Actividades Extraescolares Municipais colaborando coas ANPAS que non poden afrontar por custes elevados (Robótica, Impresión 3D, edición de video, xadrez etc)
- Esixir á Consellería de Educación un convenio de xestión e financiamento compartido do Conservatorio Municipal que poña como prioridade a sostibilidade económica deste importante servizo público, permitindo ademais a rebaixa dos prezos das matrículas. O Concello de Lalín manterá e mellorará a dotación de persoal.
- Colaboración coa Consellería de Educación para facilitar e fomentar a matriculación voluntaria de alumnado de infantil e primaria do casco urbano de Lalín nos 3 colexios do rural para desconxestionar os situados na vila.
- Solicitar más ciclos de Formación Profesional, entre eles un de Enerxías Renovables e Instalacións Sostibles que vai ser un dos nichos do emprego dos vindeiros anos. Reclamar á Xunta de Galicia a posta en marcha en Lalín dos Ciclos de FP bilingües aproveitando os fondos que o Estado acaba de aprobar para as CCAA.
- Ampliación de horarios de biblioteca para que se axusten máis ás necesdiades das persoas estudantes.
- Creación dun espazo aberto que se poña á disposición da veciñanza e que poida ser solicitado mediante app dixital para quedadas de traballos grupais/reunións, con previa reserva.
- Feira de Educación coas universidades e Centros de Formación Profesional para que os mozos e mozas poidan ser informados sobre a oferta educativa da que dispoñen.
- Incrementar en número e importe as becas de transporte que actualmente se quedan curtas.
- Continuar coas melloras nos diferentes centros educativos, dando prioridade ás que máis demandan dende as propias ANPAS ou directivas dos centros.
- Fomento nos comedores escolares de menús saudables confeccionados con produtos locais de baixa pegada de carbono.