Emprego e Sectores Produtivos
- Introducción e Desenvolvemento da Compra Pública Innovadora na Contratación Pública Municipal para favorecer que as empresas locais poidan ser máis competitivas e se modernicen.
- Colaboración co Grupo Socialista Europeo para a obtención de Fondos e axudas comunitarias para as empresas locais.
- Manter a aposta pola promoción fora de Lalín dos produtos agroindustriais da nosa vila a través dos nosos produtores e das asociacións artesanais.
- Reforzo de Feiradeza para convertela na mostra de gando leiteiro máis importante do noroeste peninsular e como evento clave para a posta en común de estratexias e accións para a mellora xenética e das producións lácteas.
- Esixir á Xunta de Galicia construción e remate da cuarta Fase do Polígono Lalín 2000 ante a falta de solo industrial. Esixir á Xunta de Galicia a ubicación de proxectos tractores industriais dos Fondos de Recuperación no noso Concello.