Gobernanza e Transparencia
- Mellorar o Portal de Transparencia e Goberno Aberto e integración no mesmo dunha aplicación de participación cidadán. Actualmente as webs están con datos erróneos e desactualizadas, polo que hai que mantelas ao día e con datos reais para que sexan de utilidade para a veciñanza. Espazo na web actualizado e accesible con sistema de alertas coas convocatorias, prazos, bases e datas das mesmas.
- Introducción dos períodos previstos de participación cidadá para todos os regulamentos que se leven a cabo no Concello de Lalín. Compromiso de dar resposta e facilitar a documentación das solicitudes que entren por rexistro nun prazo máximo de 2 meses.
- Uso predominante de software libre nos sistemas informáticos do concello así como na creación de nova infraestructura dixital.
- Protección dos datos xerados durante a contratación pública coa finalidade de xerar privacidade e seguridade no fluxo de información.
- Publicación dun informe anual do estado e evolución do cumprimento do programa electoral e os cambios sobrevidos.