Igualdade
- Promoción das cláusulas de Igualdade nas contratas municipais: homes e mulleres cobrarán o mesmo no mesmo posto a desenvolver nos servizos contratados externamente polo Concello.
- Darlle utilidade ao Consello da Muller para que a través do mesmo se coñezan as necesidades en igualdade da nosa vila e deseñar un plan de actuación.
- Ampliación de prazas e melloras no servizo do Concilia, que facilitan a vida a moitas familias.
- Axudas municipais con marcas de igualdade: reforzar as asociacións ou particulares para que poidan obter máis puntos se fan un traballo a prol da igualdade de xénero.
- Colaboración prioritaria en todos os aspectos e competencias que están devolvendo os Concellos por parte do Goberno socialista en materia de prevención e seguimento da violencia contra as mulleres.
- Repotenciar da Festa do Orgullo de Lalín como elemento de visibilidade da diversidade sexual, mantendo sempre o seu programa formativo ademais do festivo.
- Programa Extramuros da Deputación de Pontevedra. É un convenio que permite visibilizar o papel da muller rural nunha aldea a través de artistas locais, galegas, nacionais e internacionais. Posta en marcha dun festival artístico feminista, no que as mulleres do mundo da arte, non sempre visibilizadas, serán as protagonistas. Concursos en clave feminista que motiven e conciencien á veciñanza.
- Colaborar cos centros de ensino para elaborar programas de concienciación continuados no tempo.