Impostos e facenda pública
- Manter a exención do Imposto de Construcións (ICIO), apostando por unha fiscalidade verde para obras sostibles, produtivas e sociais: rebaixarase ese imposto para granxas extensivas, ecolóxicas, para a posta en marcha de instalacións domésticas que xeren electricidade para autoconsumo e tamén para obras de adaptación á accesibilidade.
- Compromiso de redución de débeda . Só se recurrirá o endebedamento para completar financiamento externo (como axudas europeas ou de outras administracións) ou para investimentos sostibles, necesarios para a adaptación á transición ecolóxica.
- Compromiso de non subir o IBI e mantelo no 0,40 como instaurou o anterior Goberno en 2017.
- Redución do imposto de vehículos de tracción a motor (IVTM) para coches con 0 emisións (híbridos,eléctricos etc).