Medio Rural
- Recuperar a democracia do rural, restaurando o proceso de renovación dos pedáneos e pedáneas das parroquias mediante a súa elección pola veciñanza. Renovación antes da finalización do 2023.
- Esixirlle a Xunta de Galicia a aceleración e remate das concentracións parcelarias en marcha, fundamentalmente as máis antigas coma Losón ou Vilatuxe.
- Posta en marcha e contratación dun servizo/contrato integral regrado de mantemento de desbroces, cunetas e bacheo. A creación deste servizo permanente será unha solución a gran parte das demandas básicas que se realizan dende as parroquias e permitirá alongar a vida das infraestruturas. Ademais manter as aldeas en bo estado é un xeito de potenciar o acceso ao rural e mellorar aspectos relacionados coa súa economía e co problema do despoboamento.
- Plan Integral de Saneamento Rural e Programa de Mellora Integral da Rede de Abastecementos para todos os núcleos rurais.
- Extensión das redes wifi públicas ao rural. Nunha primeira etapa farase cos centros sociais máis utilizados.
- Plan anual de asfaltados municipais: definir no último trimestre de cada ano as prioridades de reasfaltados de pistas municipais para garantir a súa execución na primaveira-verán seguinte.
- Creación dunha liña de subvencións para as comunidades veciñais de auga con dous obxectivos e liñas de actuación: a regularización das traídas e a mellora da infratestrutura desas redes da que consumen auga centos de lalinenses.
- Incentivar a rehabilitación de vivendas rurais mediante a redución de impostos e microcréditos reembolsables para a redación dos proxectos de execución e para os traballos para facer vivendas accesibles á veciñanza con mobilidade reducida ou necesidades especiais.
- Mellorar e cambiar a sinalización das parroquias e lugares, que en moitos teñen nomes erróneos ou xa carecen de sinais.
- Todas as aldeas disporán a menos de 250 m dun punto de auga ou depósito sinalizado para a súa utilización en caso de incendios.
- Recuperación do galardón “Aldea Singular” que fomente os valores de conservación e promoción do noso medio rural.