Mobilidade

  • Acondicionamento e posta en marcha dun aparcamento en superficie na parcela municipal situada ao lado dos Xuzgados e próxima a entrada do paseo do Pontiñas. Contará con marquesiñas fotovoltaicas que permitan aproveitar a enerxía solar e formarán parte da comunidade enerxética municipal.

 

  • Eliminación do sistema de discos das zonas azuis poñendo en marcha un sistema dixital.

 

  • Mellora da mobilidade e seguridade viaria nos entornos escolares, outorgando prioridade á mobilidade peonil e aos vehículos de transporte colectivo. As beirarrúas neses entornos terán un mínimo de 2,5 m. Posta en marcha dos Camiños Escolares Seguros nos entornos escolares.

 

  • De xeito definitivo, eliminar barreiras para a accesibilidade de todos os edificios municipais e mellorala nas rúas. Obxectivo : Cero barreiras en 2027.

  • Esixir a Xunta a mellora e ancheo de beirarrúas no paso da PO-534 polo núcelo de Donramiro.

 

  • Dotación de senda peonil segura no enlace de Cercio.

 

  •  Dar continuidade á Senda Peonil Rodo- Xaxán ata Pareizo seguindo o percorrido da EP-6009 ata Pareizo.

 

  • Dar saída á Rúa da Banda de Música cara a Rolda Leste, creando circulación de sentido único no entorno do Sagrado Corazón, Pavillón Polideportivo, Piscina Municipal, IES Aller Ulloa, Conservatorio/Auditorio Municipal e Gardería do Pontiñas.

 

  • Plan Lalín 360: Bus 360 circular que conecta os principais centros atractores de Lalín (Centro de Saúde, Concello, áreas deportivas, centros de ensino, Polígonos, Estación de Autobuses, Cemiterio/Tanatorios etc.) e Taxi Lalín 360 a demanda para achegar o rural ao urbano para as persoas maiores ou con necesidades especiais. Poderanse adquirir soltos ou bonos cun prezo moi baixo para fomentar o transporte público e compartido. As persoas ou familias vulnerables terán gratuíto un número limitado de bonos. En período estival o Bus desplazarase ao Pozo do Boi, Fragas de Catasós ou Pazo de Liñares para fomentar o turismo.

 

  • Negociar coa Xunta melloras no transporte público en canto ás conexión coas principais ciudades, tanto en frecuencias como en horarios.  Coordinación dos horarios dos buses con Ourense coas frecuencias do AVE a Madrid.