Saúde
- Negociar coa Xunta de Galicia que chegue a ambulancia medicalizada con base en Lalín tal e como demandan os propios profesionais sanitarios.
- Negociar coa Xunta de Galicia un TAC para o novo CIS de Lalín , non pode ser que un novo centro sanitario non dispoña desa infraestructura e se queiran derivar doentes á sanidade privada.
- Negociar coa Xunta de Galicia o aumento da dotación de persoal en Pediatría . O Goberno de España acaba de transferirlle á Xunta de Galicia xxx millóns de euros para mellorar a Atención Primaria de Saúde
- Posta en marcha dun Plan de control da obsesidade infantil faciltando a actividade física e prohibindo a venta de bebidas carbontadas, azucradas ou bollería industrial nas instalacións municipais.
- Recuperar o programa de sensibilización e prevención “Lalín Cardioprotexido” abandoado polo Goberno actual dotando aos edifcios municipais de máis desfibriladores automáticos externos.
- Recuperar os programas de apoio ás familias con Alzheimer o enfermidade dexenerativas con familiares nas primeiras fases da enfermidade.
- Deseñar un programa de coidado para o rural.
- Plan de Saúde Mental. Nos últimos anos a saúde mental está sendo agravada por iso é imprescindible que dende a administración local se conte cunha mesa local de profesionais, se realice un estudo e logo se deseñe un Plan de Saúde Mental.
- Solicitar á Xunta de Galicia que dote de máis servizos o CIS, entre eles máis horas de psicoloxía e psiquiatría.