Sostibilidade, Medioambiente e Parques
- Creación dunha Tenencia de Alcaldía/Concellería de Desenvolvemento Sostible transversal entre concellerías que faciliten a transición cara a un novo modelo de desenvolvemento local más respectuoso co medio e xusto socialmente.
- Levaremos a cabo o Plan Integral de Saneamento do Rural, que se integrará coas actuacións do Plan Director de Saneamento en Lalín. Esta actuación leva retardada catro anos polo actual Goberno. Tamén consolidaremos unha rede de saneamento separativa, onde haxa unha canalización das augas fecais, e outra das augas pluviais, evitando así a sobrecarga da depuradora e permitindo o empredo das augas pluviais para outros fins.
- Redacción e solicitude do Programa EU LIFE Candán: con fondos europeos e en colaboración coa Deputación de Pontevedra e os concellos de Silleda e Forcarei dotarase de saneamento e elementos de depuración de todos os núcleos habitados do Candán. Coas comunidades traballarase en proxectos de mellora da saúde das devesas, sementeira de cereais e recuperación de vellas estivadas, aproveitamento das posibilidades silvículas e mantemento dos camiños tradicionais.
- LALIN ON: deseñaremos a posta en marcha dun proxecto integral de sostibilidade enerxética coma o Proxecto Europeo de Interese Singular que conterá as seguintes propostas:
Posta en marcha dunha comunidade enerxética municipal na que poderá participar a veciñanza aproveitánose da ventaxa da enerxía limpa que tamén irá para instlacións municipais. Por exemplo, faremos un aparcadoiro na parcela dos xuzgados con marquesiñas fotovoltaicas. Os edificios municipais terán aproveitamento da enerxía solar, así como as novas infraestruturas que se leven a cabo. Ademais, coa enerxía producida garantiremos tarifas accesibles aos consumidores vulnerables do noso Concello
Promoción dunha comunidade enerxética industrial no Polígono Lalín 2000. Desde o Concello tamén negociaremos para que os parques eólicos do Concello reserven unha parte da enerxía limpa producida a prezos asequibles para as empresas desta comunidade enerxética.
A depuradora de Lalín disporá dun sistema de captura de biogás das augas residuais, ese gas reutilizarase nas caldeiras municipais co conseguinte aforro. Poñerase en marcha un servizo de asesoramento para que as explotacións gandeiras do noso Concello poidan aproveitar esta fonte de enerxía e evitar contaminación.
Poñeranse en marcha puntos de recarga eléctrica nos aparcamentos públicos. A flota de vehículos do Concello de Lalín serán cero emisións nun 50% para 2027 e nun 100% para 2035.
Tódolos edificios que se contrúan por parte do Concello serán 0 emisións.
- Dixitalización do ciclo da auga mediante o Fondo de Recuperación da UE, apostando pola sensorización electrónica nas redes de abastecemento e saneamento que permitan coñecer a dispoñibilidade de auga, consumos e perdas en tempo real. Enfrontámonos a un novo tempo na xestión da auga onde a eficiencia das infraestruturas é imprescindible. Esta dixitalización permitirá monitorizar os niveis de auga dispoñibles nas captacións, os posibles contaminantes e a calidade da auga saínte das principais depuradoras.
- Campañas para concienciación da poboación dun uso sostible da auga.
- Avanzar cara a implantación da Estratexia Europea de Economía Circular. Extensión do 5º contedor. Estudo dun proxecto de creación dunha planta comarcal de recuperación de envases e un centro de promoción da compostaxe comunitaria, incentivos á separación de residuos e inspección e sanción de malas prácticas. Cláusulas de contratación municipais para a recuperación e reutilización dos áridos dos escombros das obras municipais.
- Recuperación e reutilización das augas grises (as que non conteñen fecais, ex.: billas, duchas etc) dos edificios municipais para o rego dos parques e xardíns. O primeiro proxecto farase no Albergue de Peregrinos do Manuel Rivero e o seu entorno verde. Todos os edificios municipais que se constrúan novos ou se leve a cabo unha reforma estrutural disporán destes sistemas.
- Instalación dunha zona de xogos cuberta na Área do Regueiriño próxima ao Pontiñas. Procederase a cubrir os campos multideporte existentes e unha nova área de xogos e esparcemento infantil. Así mesmo dotarase dunha cuberta axeitada para o campo de petanca.
- Ampliación do Monumento Natural “Fraga de Catasós” coa finalidade de englobar, dentro deste, á Fraga de Casas Vellas, o Cardiego e o Abineiral. Mentras non sexa unha realidade desde o Concello optarase por mellorar o corredor ecolóxico entre o monumento Natural “Fraga de Catasós” e o ecosistema adxacente formado pola fraga de Casas Vellas, o Cardiego e o Abineiral.
- Continuar coa defensa do ENIL de Casas Vellas e manter a colaboración coas asociacións ecoloxistas que fan unha defensa do noso medio natural. Establecer alianzas e colaboracións coas mesmas no ámbito educativo.
- Establecer de xeito coordinado con outras administracións (Deputación, Xunta de Galicia etc) plans de loita contra as pragas de vexetación ou fauna invasora como pode ser a vespa velutina, a avispiña do castiñeiro, as plantacións indiscriminadas de eucaliptos ou as mimosas ou o “plumero de la Pampa”.
- Reforzar a colaboración coas Comunidades de Montes e favorecer a recuperación dos nosos bosques autóctonos e o seu aproveitamento, e promocionar proxectos de silvicultura sostible nos seus montes.
- Novas hortas urbanas: seguindo o exemplo da Horta Urbana Comunitaria da Corredoira, posta a dispocición da veciñanza de novas parcelas municipais para o uso das familias que o requiran.
- Fomento da participación cidadá no coidado do noso patrimonio natural, desenvolvendo un programa de ciencia colaborativa onde a cidadanía poida actuar de avaliadora dos danos que se vaian observando nos ecosistemas do concello, previa formación. Posta en marcha dun prorama estable de divulgación da biodiversidade natural do Concello.
- Implantación, na xestión de incendios, do fomento do emprego de animais (exemplo: gando caprino) para complementar os labores de silvicultura.
- Intermediación con Augas de Galicia para a monitorización dos cursos fluviais do concello e previr a contaminación dos mesmos.
- Fomento da custodia do territorio, unha iniciativa de conservación dos hábitats ameazados en pequenas fincas particulares.