Urbanismo, Infraestruturas e Vivenda

  • No primeiro día de mandato: peonalización das rúas Joaquín Loriga e Principal. Peche aos coches da Rúa Rosalía de Castro nas fins de semana e festivos.

 

  • Levar a cabo o proxecto de remodelación e reurbanización da rúa X, toda a contorna da Praza da Igrexa e segunda fase da reforma da  Praza da Vila.  Rexeitamos o proxecto de derrubar as construcións existentes na Praza da Igrexa. Mercaranse os terreos necesarios aos/as propietarios/as para o proxecto.

 

  • Finalización do Cinto Verde. Este proxecto, que comezou co anterior Goberno, complementou o gran pulmón do Paseo do Pontiñas e permitiu crear novos percorridos. Apostamos por pechar o círculo con novos treitos que pasan por Donramiro ata o Alto de Vales, onde se sitúa o CIS. A Avenida do Monserrat dotarase de carril bici e mellorarase a cuberta verde. Na zona da Carballeira do Monserrat farase un espazo de calmado de tráfico. Manteranse as prazas de aparcamento nas zonas urbanizadas.

 

  •  Farase un maior coidado do Paseo do Pontiñas, que continuamente presenta deficiencias. Dragado ecolóxico do lago de Bergazos para evitar a súa defnitiva colmatación.

 

  •  Recuperación e reforma completa da área histórica de Donramiro, incluído o castro. Esta actuación xa foi deseñada hai catro anos cos Fondos DUSI Lalín SSUMA 21, pero na actualidade o PP perdeu máis da metade da subvención europea para executalo polo que só se levará a cabo unha mínima parte. Faremos o proxecto completo como estaba previsto.

 

  • Revisión completa do PXOM. Adaptación dos núcleos rurais  á realidade da poboación que vive neles, delimitando dun xeito actualizado as zonas rústicas e as zonas urbanas. Revisión das Areas de Reparto non iniciadas e das dimensións dos Sistemas Xerais. Tras máis de 25 anos, o principal documento urbanístico ten que ser revisado para adaptalo a unha realidade moi diferente a dos anos 90 do pasado século.

 

  • Todas as novas obras nas rúas e novos edificios faranse baixo os criterios de urbanismo sostible e tendo en conta os criterios da Nova Bauhaus Europea, necesarios para acadar mellor financiamento da UE.

 

  • Progresiva humanización de rúas. As seguintes rúas serán melloradas neste mandato: Ramón Aller, que precisa un ancheado e continuidade de beirarrúas; Pintor Laxeiro na zona do Manuel Rivero, que presenta unhas beirarrúas estreitas e falta de accesibilidade, e a rúa Vidal Abascal por beirarrúas estreitas e falta de accesibilidade. Todas as humanizacións de rúas contarán cun proxecto de cuberta verde con árbores e prantas. O sucedido coas reformas das rúas Monte Faro e Maruja Gutiérrez son un exemplo da nula sensibilidade ambiental e de adaptación ao cambio climático. Esas rúas tamén terán os seus elementos verdes.

 

  • Dedicar as vivendas da Sareb no noso Concello a aluguer asequible para xente nova mediante unha bolsa de alugueiro con convocatorias públicas abertas.

 

  • Poñer a disposición de aluguer social as vivendas municipais da Rúa Manuel Rivero, xa reformadas co Lalín Ssuma 21.

 

  • Revisión da catalogación dos elementos patrimoniais arqueolóxicos para determinar con exactitude a súa localización e o seu ámbito de protección.

 

  • Incorporación da participación cidadá para o deseño do espazo público mediante consultas regradas.